miércoles, 30 de marzo de 2011
Castro
Coñecin a Castro había once anos. Traballaba na mar dende cativo e sen dúbida era quen millor coñecía o peixe nesta costa. Sabía de peixe "coma tí dos osos", dicía. Explicábame con muito teatro os movementos deles por baixo da agua, e con son adornaba as viradas e as idas dos aqueles, coma si estivera ollando no mar. Facíame gracia e sabendo que era o millor pescador na chalana en muitas millas, procuraba de amosar respeto cado falaba. El atornillábase na barra do Tira e convidaba a viño e a oir historias. Bebín muito viño con él, do bo e do malo tamén, porque despúis das doce da noite, xa no entendíamos de bandas. Ou sexa que tanto era o Paternina banda encarnada coma se fora da banda azul. Nos bebíamos, él falaba e eu calaba. Chamábame "Tinteiriño", sen cariño, porque estaba convencido que era así. Andaba o mar por tempadas. Cando facía cartos abandonábase ate que precisara deles. Íbame amosar os agochos da robaliza e dos sargos vellos, a pescar o embalo e sinalar donde había ferros que ninguén visitara antes, agás él. Onte perdíu tres anacos nos dedos da man dereita. Da sua man. Estalou un petardo dos grandes cando intentaba espantar un raposo do galiñeiro. Pensén nos dedos, pensen na experiencia daquelas mans, ..e pensen na nova sorte das lubinas!.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario